Un 17 de setembro de 1817 nacía Antonio Fernández Morales

 

             Antonio Fernàndez Morales naceu en Astorga un 17 de setembro de 1817. A súa familia trasladouse, como é sabido, a Cacabelos cuando Antonio era un nino. Esa circunstancia vai ser relevante para configurar a súa personalidade. Como todos nós precisou dunha terra  para construír a súa identidade e así foi como o Bierzo pasou a primeiro plano na súa vida.
 
É curiosa a íntima conexión  coa comarca que tiveron muitos astorganos daría para un amplo e variopinto estudo e son varios os personaxes que se relacionan con Morales antes e sobre todo despois do seu nacemento que nos resultan interesantes à hora de investigar distintas facetas por explorar. Pero hoxe non seguiremos este camiño, iremos pola senda da consolidación e confirmación  do caràcter bercianista de Morales. Aseguraremos con certeza que a súa vinculación co Bierzo non é simplemente literaria e formal e que responde a un trazo do seu ser fondo e sincero. Muitos son os argumentos a este respecto que podemos constatar nos datos biogràficos que temos del grazas, en gran medida,  aos traballos de J. A. Balboa de Paz e que se poden consultar  facilmente nas distintas publicaciois que asinou o historiador e amigo cacabelense sobre o noso autor.  Por este motivo non imos reiterar hoxe eiquí  máis que algúis detalles.
A vivencia no paraíso da infancia e adolescencia da Terra e do popular, digamos dun xeito un tanto tópico, do enxebre calou sinaladamente na súa mente en formación que podemos afirmar foi seguramente nesta etapa da súa vida na que o conquistou para sempre. Iso si foi unha conquista silente que non se manifestou daquela. Mantívose à espera dunha maduración semellante a das uvas que agardan à vendima tras da calor do vrau.
Foron logo sentidos e imprescindibles nese proceso de maduración de maneira peculiar tamèn os seus numerosos e azarosos desprazamentos pola xeografía peninsular nos que ía medrando a morriña ao estar lonxe desa terra familiar da casa e mesmo agocho desexado en circunstancias complexas que acompañaron o seu oficio militar nunha convulsa España decimonónica. Pero tivo que ser en Galicia onde aquela señardade esperta con forza grazas ao idioma unha paixón maior. Algo que non estoupa, queremos pensar, (pois destes anos da súa vida fàltannos informacion precisa) ata que o azar provoca a necesidade. Falamos tanto do retiro forzoso que o leva a Vilafranca, é dicir, ao reencontro co Bierzo, como o feito curioso e transcendental aínda màis azaroso de comezar un intercambio epistolar con Mariano Cubí. Este contacto transforma por completo o seu concepto da identidade pois leva a Morales a un terreo novidoso e tremendamente comprometido: ter que escribir en galego. 

A identidade enténdea entón como un compromiso coa Terra e coas xentes bercianas que el non só leva no corazón, senón que ten que exercer usando tamèn a súa lingua. Complétase así o proceso de identificación, de seren berciano de corazón e de fala.  Antonio Fernàndez Morales ensínanos co exemplo como a identidade non só é un sentir pode e debe ser tamén un compromiso a poñer marcha exercendo como cantor en dialecto berciano. Fermosa e poderosa lección ética que non podería ter sido se non fose fonda e sincera a súa paixón polo Bierzo.     

Comentarios

Publicacións populares