BREVE CRÓNICA DOS ACTOS DO DÍA DO GALEGO NO BIERZO
CRÓNICA DO DÍA DO GALEGO NO BIERZO, AS XV XORNADAS MARTÍN SARMIENTO
Este pasado 9 de marzo, día do nacemento de
Martín Sarmiento en Vilafranca, levamos a cabo unha nova edición recuperando para o Día do
Galego no Bierzo a normalidade cos encontros dos distintos centros de ensino
que participan no Programa de Promoción do Galego, nesta ocasión reunidos en Cacabelos
(outra das novidades). Cun lixeiro aumento na matrícula por vez primeira tamén
en Secundaria (había máis dunha década que isto non ocorría) reunímonos na vila
do Cúa para facer a Entrega dos III Premios Antonio Fernández Morales.
DA MAO DO FILANDÓN BERCIANO
Todo o alummado de Secundaria (164 alumnos/as) achegáronse ao CINE FABA dende os cuatro institutos que dan galego no Bierzo para coñecer por boca de Raúl Ochoa, membro do Filandón Berciano, que persegue e como traballa este colectivo. Raúl falou dos obxectivos da asociación entrando a detallar aalgúas das súas actividades máis sinaladas como por exemplo a recuperación, falando cos maiores, do Entroido de Valtuille de Arriba. Combinou a súa exposición cunha serie de vídeos gravados por el baixo a dirección de Umberto Corral para o Instituto Leonés de Cultura que amosan cal é a súa filosofía de escuitar e darlle importancia ao que nos teñen que contar os maiores, e entre esas cousas fixarse na fala, no léxico que usan nos costumes que relatan. Rematou precisamente poñendo o valor da lingua e no uso das redes para comunicar e dar a coñecer o Patrimonio cultural inmaterial invitando a que entrasen coñecesen máis puntualmente as súas actividades e mesmo entrasen en contacto por medio delas co seu colectivo.
ENTREGA DOS PREMIOS MORALES PARA O BIERZO E
SANABRIA-A SEABRA
Ás 11,3O incorporados ata encher o Cine Faba cunha representación dos distintos centros de Primaria que imparten o Programa
de Galego no Bierzo ao que se sumaron as autoridades educativas da Junta e da
Xunta, provinciais (Instituto Leonés de Cultura da Deputación de León), locais
(representantes dos concellos de Cacabelos, Corullón e Vilafranca) e comarcais
(tanto do Consello Comarcal como do Instituto de Estudios Bercianos) que
colaboran coas Xornadas Martín Sarmiento, tras unha breve lembranza da figura de
Sarmiento e da de Morales por parte de Héctor Silveiro da Comisión Cultural
Martín Sarmiento, comezou a Entrega de Premios coa presentación da edición do
terceiro volume que editou Edicións Positivas, representada por Franciasco
Macías e que coa subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística da
Xunta de Galicia inclúe todo os debuxos de Primaria e textos de Secundaria
premiados correspondentes aos cursos 2020-21 e 2021-22 tanto de alumnos/as
baixo que son creaciois a partir dun dos poemas dos Ensayos poéticos en
dialecto berciano que se sintetizou baixo o lema "Chegaron os
romanos".
Houbo previamente ao acto de entrega en si,
unha breve alocución das distintas entidades que apoian este evento. Interviron
a Alcaldesa de Cacabelos Irene González, Samuel Martínez representando ao Consello
Comarcal do Bierzo, Emilio Gancedo do Instituto Leonés de Cultura (como
promotor dun dos premios do concurso), Javier López da Dirección Provincial de
Educación de León e Valentín García como Secretario Xeral de Política Lingüística
da Xunta de Galicia.
ESTREO DA PÁXINA WEB: OGALEGONOBIERZO.ORG
Foi Paco Macías quen presentou a iniciativa
que aspira a servir de referente e un fondo bibliográfico virtual dunha gran
parte do material existente sobre a lingua galega na nosa comarca, que a partir
do 9 de marzo xa está dando os seus primeiros pasos polas redes. Podedes
consultala: ogalegonobierzo.org
ACTUACIÓN DE PAKOLAS
Finalmente houbo unha actuación musical especielmente dirixida ao alumnado de Primaria de Pakolas co espectáculo RAMONA ÓRBITA músico rock en galego que presentaba un novo espectáculo co que brincaron e cantaron ata pasadas as 13 horas, hora prevista para a conclusión desta sesión matinal.
MESA DE TRABALLO: AS ARELAS DE SARMIENTO
Xa na sesión de tarde e e nas instalaciois do
MARCA de Cacabelos tivo lugar unha mesa de traballo co profesorado do Programa
e distintos representantes das entidades que apoian e colaboran habitualmente
coas Xornadas Martín Sarmiento. Tratamos sobre os seguintes temas:
- Situación actual, ampliación e melloras necesarias do Programa do Galego no Bierzo
- IV Convocatoria dos Premios Morales para o
mes de marzo do curso que vén.
- Nova emisión de Microprogramas de radio escola en galego nas emisoras bercianas para promocionar a IV Convocatoria dos Premios Morales.
- Novas dinámicas para as próximas Xornadas Martín Sarmiento e o Día do Galego no Bierzo.
- Iniciativas da Academia Galega (RAG) e posibles acordos para seguir avanzando no Decálogo de Novos Espazos para o Galego no Bierzo.
Comentarios
Publicar un comentario