CONVOCADOS OS VI PREMIOS FERNÁNDEZ MORALES (2026)

 

CATEGORÍAS

A- DEBUXANDO A POESÍA (Calendario) de Antonio Fernández Morales (Ver ANEXO)

Poderá concorrer calquera alumna ou alumno de educación infantil e primaria adscrito
ao PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO IDIOMA GALEGO NO BIERZO E NA SEABRA(Lubián).
O debuxo será orixinal e inédito, en formato A4, debuxado en sentido horizontal, e re-
alizado con calquera técnica.
O autor ou autora participará cun máximo de dous debuxos, no(s) que interpretarán os
versos do ANEXO de Antonio Fernández Morales.
As creacións serán enviadas nun sobre pechado ao seguinte enderezo postal:
Consejo Comarcal de El Bierzo. Avenida de la Minería, s/n (Edificio Minero)
24400 - Ponferrada.

Neste sobre incluirase, xunto co debuxo, o nome e apelidos do alumno ou alumna, centro
escolar e curso académico.

No sobre, escribirase: VI PREMIO MORALES (2026) PARA A PROMOCIÓN DA
LINGUA GALEGA NO BIERZO E NA SEABRA, CATEGORÍA A.


B - POETIZANDO OU NARRANDO A POESÍA (Calendario)
de Antonio Fernández Morales (Ver ANEXO).

Poderá concorrer calquera alumna ou alumno de educación secundaria e bacharelato
adscrito ao PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO IDIOMA GALEGO NO BIERZO E NA SEABRA (Lubián).
A creación poética ou narrativa será orixinal e inédita. E será breve, máximo de 200 caracteres.
O autor ou autora participará cunha soa creación narrativa ou poética, na que interpretará
os versos do ANEXO de Antonio Fernández Morales.

As persoas participantes enviarán un só correo electrónico a:
premiosmorales@gmail.com, cos seguintes documentos adxuntos:

1. Documento 1, que levará por nome O TÍTULO DA CREACIÓN, e que conterá o lema
ou pseudónimo e, a continuación, o texto que se presenta ao concurso.

2. Documento 2, que levará por título O PSEUDÓNIMO, e que conterá o nome e apeli-
dos do autor ou autora e o nome do instituto.

Na mensaxe indicarase, no asunto: VI PREMIO MORALES (2026) PARA A PROMOCIÓN
DA LINGUA GALEGA NO BIERZO E NA SEABRA (Lubián).



PRAZO. XURADO. PREMIOS.
PUBLICACIÓN. DEREITOS DE AUTORÍA

1. PRAZO
O prazo para participar no certame rematará o día 5 de decembro de 2025.


2. XURADO
O xurado estará integrado por persoas de recoñecido prestixio elixidas polo comité organizador do VI PREMIO MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO E NA SEABRA
(Lubián)

Valorarase a orixinalidade, creatividade e innovación, a calidade estética e artística e, no
caso das creacións literarias, a calidade da lingua.

O xurado poderá desbotar aquelas producións cuxo contido non se axuste ás bases ou
que promovan unha mensaxe ofensiva, violenta ou discriminatoria.

O xurado poderá declarar deserto o premio. A decisión do xurado é inapelable.

A organización reserva para si o dereito a interpretar as bases deste certame sempre e
cando sexa necesario para o seu bo desenvolvemento. A presentación ao certame implica
a aceptación destas bases.


3. PREMIOS
Todos os traballos seleccionados, 12 en cada categoría, terán como premio a publicación
das súas creacións nun CALENDARIO 2026 que será distribuído por todo o Bierzo e na
Seabra.


4. ACTO DE ENTREGA
O acto de entrega dos premios será público e realizarase o domingo 8 de marzo 2026, nas XVIII
Xornadas Sarmiento. O calendario distribuirase no mes de decembro de 2025.


5. DEREITOS DE AUTORÍA
A presentación a este certame implicará para as persoas premiadas a cesión dos dereitos
de propiedade intelectual de contido patrimonial das obras en favor dos organismos que
o convocan. Esta cesión só afecta a este calendario.


ANEXO
...
Aquestes gigantes montes
que a cresta esconden no Cielo,
amenguan os horizontes,
e manan deles mil fontes
que as presas forman do suleo.
Están cuallaos de castaños,
de rebolos e escambrois,
e tein carreiros tamaños,
que os do país e os estraños
pasan neles apretois.
Tras destes montes espesos
outros máis espesos hai:
e por estes outros tesos
e tesos aínda máis tiesos
e máis espesos se vai.
Mudan nos zarzais e escobos
ailí as culebras rastreiras
a camisa, e nas ladeiras
dos cavorcos tein os lobos
i as zorras as madrigueiras.
Brincan cervos e corciños
por seus barrancos fragosos;
polas matas cos fociños
se abren paso os xabariños
e non faltan algúis osos.
...
(Do poema “Villafranca e a vendima”)

COMISIÓN ORGANIZADORA DO VI PREMIO MORALES PARA
A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO E NA SEABRA. 2026



Comentarios

Publicacións populares