ENTREGA DOS IV PREMIOS MORALES


 

O pasado 12 de marzo no Cine Faba de Cacabelos tivo lugar a Entrega da IVª edición dos Premios Morales no transcurso da Sesión co alumnado de Primaria do Programa de Galego do Bierzo coa presenza de 13 centros escolares de distintos lugares da comarca.


A entrega foi precedida das intervenciois das entidades organizadoras e colaboradoras do evento. Os galardoados recibiron de maos de Sara Rodríguez un lote de libros entre os que estaba a propia edición que realizou Edicións Positivas que incluía todos os premios outorgados. 

Colocamos a seguir unha serie de fotos do momento da Entrega.








Esta sesión rematou co espectáculo C@nto contigo de Paco Nogueiras,  subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha brillante actuación que gozaron bailando e cantando todos xuntos 
acompañados dos/das docentes de cada centro.




Comentarios

Publicacións populares