O PRÓXIMO 9 de MARZO REALIZARASE A ENTREGA DOS PREMIOS MORALES NO DÍA DO GALEGO NO BIERZO

 


CELEBRAMOS O DÍA DO GALEGO NO BIERZO

Este 9 de marzo na décimo quinta edición das Xornadas Martín Sarmiento desprazámonos a Cacabelos para celebrar o Día do Galego nos Centros Docentes do Bierzo. O motivo fundamental é promocionar o PREMIO MORALES cuxo lema Chegaron os romanos” aparece ligado a esta vila berciana onde viviu e está soterrado o cantor en galego do Bierzo, Antonio Fernández Morales. Recuperamos os intercambios didácticos e lúdicos das Xornadas para alumnos/as do Programa de Galego que vidos de distintos puntos do Bierzo presumen de cultura e identidade. Temos a certeza de que máis aló das aulas este sentimento estámosllo a contaxiar a outros sectores da sociedade berciana que perciben que vai sendo hora de arroupar o acordo de Promoción da Lingua Galega que leva 21 anos aplicándose e reclama un novo pulo. 


ENTREGA DE PREMIOS E NOVA CONVOCATORIA DO

PREMIO MORALES 2024 

O acto central que se levará a cabo no Cine Faba será a entrega de premios, presentación da web: OGALEGONOBIERZO.ORG e a convocatoria da IV edición dos Premio Morales 2024. Faremos tamén lembranza do centenario do poeta e narrador de Vilafranca, Antonio Pereira que ten obra traducida ao galego.

A Comisión Cultural “Martín Sarmiento” de Vilafranca, os centros docentes do Programa do Galego na comarca, a Real Academia Galega, as autoridades educativas autonómicas, entes culturais como O Filandón Berciano e o Instituto de Estudios Bercianos, alcaldes do Bierzo e o seu Consello Comarcal manterán un encontro de traballo de cara a programar outras iniciativas coa fin de seguir abrindo novos espazos para o galego no Bierzo.

Programa de actos : Xoves 9 de marzo 2023, Cacabelos

 1.ª SESIÓN MATINAL :   MUSEO MARCA de Cacabelos

9,30   APERTURA DO INTERCAMBIO DE SECUNDARIA:  ENCONTRO CO FILANDÓN BERCIANO:  O colectivo cultural exporá o seu modus operandi e o valor da lingua en especial, nas actividades que leva realizando co patrimonio inmaterial do Bierzo.   Asistirán os alumnos/as do Programa de Galego de SECUNDARIA dos centros:  

IES Padre Sarmiento (Vilafranca)            

IES Bergidum Flavium (Cacabelos)

IES Europa (Ponferrada)

            IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)

            Alumnos/a de Galego da EOI de Ponferrada.

11,00 h.:   Dirixiranse cara ao Cine Faba para participar no acto de entrega dos Premios Morales. 

2.ª SESIÓN MATINAL : CINE FABA

11,30         APERTURA DA SESIÓN DE PRIMARIA:

  ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA III EDICIÓN DO PREMIO ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES

 Intervirán as entidades e autoridades organizadoras desta III Edición que ademais de facer entrega dos premios   presentarán a WEB: OGALEGONOBIERZO.ORG e anunciarán a convocatoria da IV edición dos Premios Morales.

 A CONVOCATORIA DA IVª EDICIÓN DOS PREMIOS MORALES  PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA

NO BIERZO E SANABRIA, impulsados polo Grupo As Médulas para a lingua e cultura galegas no Bierzo coa colaboración das autoridades e entes que tamén contribúen á posta en marcha das presentes Xornadas.

 

 

12,00: ACTUACIÓN PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA: Actuación musical de Pakolas subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA de:

CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,

CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,

CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,

CEIP Compostilla de Ponferrada,

CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,

CEIP San Ildefonso  de Camponaraia,

CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,

CEIP Toral de Meraio,

CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,

CRA Carucedo,

CRA Cubillos do Sil,

CRA Ximena Muñiz de Corullón,

CRA Ponte de Domingo Flórez


SESIÓN DE TARDE  9 de marzo

16,30 h.  CACABELOS

     (Salón de actos do MARCA)

 MESA DE TRABALLO

1º CONVOCATORIA DA IVª EDICIÓN DOS PREMIOS MORALES  PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA

NO BIERZO E SANABRIA. Impulsados polo Grupo As Médulas para a lingua e cultura galegas no Bierzo coa colaboración das autoridades e entes que tamén contribúen á posta en marcha das presentes Xornadas.

 

2º AS ARELAS DE SARMIENTO. Trátase dun encontro de docentes, autoridades educativas, Real Academia Galega, administraciois e asociaciois culturais bercianas  para realizar un seguimento das actividades levadas a cabo e concretar novos compromisos coa lingua galega no Bierzo, entre outros a elaboración do borrador dun convenio de colaboración entre a Real Academia Galega e o Consello Comarcal  e outras entidades culturais do Bierzo.

Entidades que organizan e colaboran:




Comentarios

Publicacións populares