A última publicación sobre Antonio Fernández Morales: Cartas e composiciois autógrafas

 


CARTAS E COMPOSICIOIS AUTÓGRAFAS DE ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES A MARIANO  CUBÍ (1847-48) Anexos da BRAG ( Biblioteca da Real Academia  Galega) nº 2

No 2019 aparecía a publicación máis recente que se ten editado sobre Antonio Fernández Morales.  Esta edición das primeiras composiciois en galego do Bierzo inéditas do autor forma parte da recuperación, estudo e difusión dunha correspondencia dos anos 1847-1848 que Antonio enviou a Mariano Cubí e Soler, o eminente filólogo catalán. Este vaille solicitar colaboración para levar a cabo un estudo sobre a fala dos bercianos ao que Antonio responde xenerosamente.

A presente edición pretende pois destacar o valor que para a literatura galega  contemporánea, especialmente para os investigadores da etapa denominada do Rexurdimento ( ou tamén Rexeneración). Efectivamente estas cartas adquiren unha forte compoñente literaria e permítennos de xeito sorprendente observar en detalle o proceso de xénese dos Ensayos poéticos en dialecto berciano (1861), obra máis representativa de Fernández Morales, a singular participación do Bierzo nun movemento literario que non se prodiga en textos deste tipo nos seus primeiros momentos.

Estas cartas, as creaciois poéticas e anotaciois que inclúen conforman, pois, un legado inaugural de importancia excepcional para un coñecemento integral de dito movemento, tendo en conta que ata o 2017 permanecía totalmente esquecidas nos arquivos do Museo do Bierzo. A transcrición que se presenta vén acompañada dun breve limair que se axunta a modo dun primeiro paso previo a unha investigación  de maior envergadura que contribúa á plena e xusta incorporación do galego do Bierzo á Historia da lingua e da literatura galegas.

Podes consultar a versión dixital desta obra  na páxina da RAG na seguinte dirección: Cartas e composiciois autógrafas de Antonio Fernández Morales a Mariano Cubí.

Comentarios

Publicacións populares